O Clag abre a convocatoria para a 10ª edición do pitching "I+P, Ideas para producir"

A 10ª edición do pitching “I+P, Ideas para producir” abre até o vindeiro 30 de setembro o prazo para a inscrición de proxectos audiovisuais nesta xornada, que organiza o Clúster do Audiovisual Galego (Clag) e que terá lugar o día 17 de novembro en Santiago de Compostela.
 

“María (y los demás)”, participada pola TVG, único filme español na sección Novos Directores de San Sebastián

Rodada integramente en Galicia e participado pola Televisión de Galicia, o filme "María (y los demás)” será a única longametraxe española que compita na sección Nov@s Director@s da 64 edición do Festival Internacional de Cine de San Sebastián.
 

A serie de animación española “Action!” seleccionada no Cartoon Forum 2016

As produtoras españolas AltContent e Uniko acudirán ao foro de coprodución Cartoon Forum 2016 con “Actión!”. O proxecto de serie de animación, presentado na pasada edición do noso pitching "I+P, Ideas para producir", trata de achegar a cultura audiovisual aos máis pequenos e animarlos a producir o seu propio contido.
 

"Migas de pan", de Manane Rodríguez, estréase nas salas de Uruguai e competirá no Festival de Films du Monde de Montreal

A película "Migas de pan", dirixida pola nosa asociada Manane Rodríguez, estreouse nas salas comerciais de Uruguai o pasado xoves 18 de agosto. Ademais, este filme foi seleccionado para participar na sección oficial a competición do Festival de Films du Monde de Montreal, o único de categoría A de América do Norte.
 

A Amtega e os clusters TIC e do audiovisual lanzan o programa Viraxe TIC para impulsar a creación de contidos dixitais en Galicia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), xunto co Clúster do Audiovisual Galego (CLAG) e co Clúster TIC de Galicia, formalizaron esta mañá, en Santiago, a posta en marcha de "Viraxe TIC", un programa que busca acelerar o desenvolvemento e a competitividade do sector de contidos dixitais na Comunidade e que implica ao conxunto do hipersector TIC galego, un sector estratéxico para o crecemento económico-social da Comunidade, que representa o 2,3% do PIB  galego e emprega a máis de 19.50

Axudas

  • Subvencións para a promoción e difusión do cine galego en festivais e mostras de cine de prestixio nacional e internacional que se celebren fóra de Galicia 2016
  • Subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega 2016