O Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuito de Santiago de Compostela, que se celebrou do 2 ao 11 de maio organizado polo concello compostelán, entregou os galardóns da súa novena edición. Na competición internacional impuxéronse o rumano 15 Iulie, o británico The Pub e o polaco Czwarty czlowiek; na competición nacional Compostelae, Voice Over, ¿Por qué desaparecieron los dinosaurios? e L'equip petit; e en Explora-Aqualogy, o estonio Karbeste veski.