O catálogo sectorial de empresas do audiovisual galego é un directorio no que se pode localizar información detallada sobre todas as empresas do sector. Este catálogo sectorial expón información relevante sobre as empresas, os seus produtos, a súa área de actividade, contactos e páxina web.

A información almacenada fará do catálogo sectorial un escaparate de empresas que serve para dar a coñecer nos mercados exteriores a oferta galega deste sector, caracterizado por un alto nivel tecnolóxico e un proceso de innovación constante.

Ademáis, serve como catálogo de recursos do sector, co obxecto de que as empresas galegas e de fóra de Galicia poidan saber en todo momento que empresas, equipos, recursos humano, etc., que hai dispoñibles para poder levar a cabo os seus proxectos.

Se desexa poñerse en contacto para ser incluído no espazo, modificar o seus datos ou calquera outra cuestión que desexe, envíenos un correo electrónico a cluster@clag.es

Máis información