O Clag participa nunha xornada infomativa sobre axudas para a realización de proxectos TIC do MINETUR

O Clúster Audiovisual Galego (Clag) participou onte, xoves, na Sesión informativa das axudas a proxectos de I+D no sector das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións, dentro das liñas estratéxicas de actuación que comparten a Axenda Dixital para España e a Acción Estratéxica de Economía e Sociedade Dixital, que se celebrou no Centro Demostrador TIC en Santiago.

Expertos orientan a profesionais en Vigo sobre financiamento público e privado para proxectos innovadores

O representante da  Axencia Galega de Innovación (GAIN), Antonio Rodríguez, xefe da division de Xestion da Innovacion da axencia, presentou esta semana o Plan I2C Pemes aos participantes na xornada informativa sobre axudas para proxectos de I+D+i  “Tes un proxecto innovador e buscas financiamento?”, organizada polo Centro de Excelencia de Vigo. O representante de GAIN adiantou que a convocatoria destas axudas podería saír a finais do vindeiro mes de agosto.
 

Máis de 40 empresas españolas participan na primeira Spain Tech Week en San Francisco

Máis de 40 empresas españolas participarán na primeira Spain Tech Week, que terá lugar do 27 ao 31 de maio en Silicon Valley (San Francisco, EE.UU.). Os participantes terán a oportunidade de tomar parte en eventos con investidores e potenciais socios comerciais, así como de coñecer empresas líderes mundiais. As compañías participantes poderán dar a coñecer todo o potencial da tecnoloxía española e dos nosos emprendedores ante investidores e partners do mercado americano.
 

O Clag participa na definición dunha estratexia de innovación de Galicia para o período 2014-2020

A xerente do Clúster Audiovisual Galego (Clag), Mar Varela, participou este martes, 21 de maio, en Santiago, no segundo foro RIS3: unha visión estratéxica compartida, no que se expuxeron os resultados dos diferentes grupos de traballo que están a colaborar na definición da estratexia de innovación de Galicia para o próximo período 2014-2020.

A película "Enrrugas" estréase hoxe en Italia

A película  "Enrrugas", dirixida por Ignacio Ferreras e baseada no cómic homónimo creado polo debuxante valenciano Paco Roca, continúa a súa conquista das salas internacionais coa estrea hoxe, 23 de maio, en Italia. É unha produción do noso socio Perro Verde Films.
 

Axudas

  • Axudas para a realización de proxectos no marco da Acción Estratéxica de Economía e Sociedade Dixital, dentro do Plan de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2013-2016
  • Apoio á realización de proxectos piloto 2013