O Clúster Audiovisual Galego (CLAG) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) asinaron, o 3 de novembro de 2010, un convenio de colaboración para o apoio ás iniciativas de dinamización, innovación, desenvolvemento tecnolóxico, formación e internacionalización do sector do audiovisual galego para o trienio 2010-2012.