Comunicación

A información máis actual e de interese sobre a actividade do Clúster Audiovisual Galego e das súas empresas asociadas, así como sobre o sector do audiovisual e os seus profesionais.

O CLAG elabora e distribúe un boletín de periodicidade mensual coas novas máis destacadas do sector audiovisual.

Últimas novas

O Clag participa nunha xornada infomativa sobre axudas para a realización de proxectos TIC do MINETUR

O Clúster Audiovisual Galego (Clag) participou onte, xoves, na Sesión informativa das axudas a proxectos de I+D no sector das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións, dentro das liñas estratéxicas de actuación que comparten a Axenda Dixital para España e a Acción Estratéxica de Economía e Sociedade Dixital, que se celebrou no Centro Demostrador TIC en Santiago.

Expertos orientan a profesionais en Vigo sobre financiamento público e privado para proxectos innovadores

O representante da  Axencia Galega de Innovación (GAIN), Antonio Rodríguez, xefe da division de Xestion da Innovacion da axencia, presentou esta semana o Plan I2C Pemes aos participantes na xornada informativa sobre axudas para proxectos de I+D+i  “Tes un proxecto innovador e buscas financiamento?”, organizada polo Centro de Excelencia de Vigo. O representante de GAIN adiantou que a convocatoria destas axudas podería saír a finais do vindeiro mes de agosto.
 

Máis de 40 empresas españolas participan na primeira Spain Tech Week en San Francisco

Máis de 40 empresas españolas participarán na primeira Spain Tech Week, que terá lugar do 27 ao 31 de maio en Silicon Valley (San Francisco, EE.UU.). Os participantes terán a oportunidade de tomar parte en eventos con investidores e potenciais socios comerciais, así como de coñecer empresas líderes mundiais. As compañías participantes poderán dar a coñecer todo o potencial da tecnoloxía española e dos nosos emprendedores ante investidores e partners do mercado americano.
 

Próximos eventos

A 66 edición do Festival de Cannes celebrarase na localidade francesa de Cannes do 15 ao 26 de maio de 2013.

O Instituto Coreano para a Promoción da Tecnoloxía (KIAT) organiza, do 28 ao 30 de maio de 2013, en Estambul, Turquía, unha xornada informativa so

O próximo 28 de maio de 2013 desenvolverase en Santiago de Compostela unha nova edición do Día Emprendedor de Galicia, organizado pola Consellería de Economía e In

Últimas galerías

Últimos boletíns