Noticias

O Clag participa nunha xornada infomativa sobre axudas para a realización de proxectos TIC do MINETUR

O Clúster Audiovisual Galego (Clag) participou onte, xoves, na Sesión informativa das axudas a proxectos de I+D no sector das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións, dentro das liñas estratéxicas de actuación que comparten a Axenda Dixital para España e a Acción Estratéxica de Economía e Sociedade Dixital, que se celebrou no Centro Demostrador TIC en Santiago.

Expertos orientan a profesionais en Vigo sobre financiamento público e privado para proxectos innovadores

O representante da  Axencia Galega de Innovación (GAIN), Antonio Rodríguez, xefe da division de Xestion da Innovacion da axencia, presentou esta semana o Plan I2C Pemes aos participantes na xornada informativa sobre axudas para proxectos de I+D+i  “Tes un proxecto innovador e buscas financiamento?”, organizada polo Centro de Excelencia de Vigo. O representante de GAIN adiantou que a convocatoria destas axudas podería saír a finais do vindeiro mes de agosto.
 

Máis de 40 empresas españolas participan na primeira Spain Tech Week en San Francisco

Máis de 40 empresas españolas participarán na primeira Spain Tech Week, que terá lugar do 27 ao 31 de maio en Silicon Valley (San Francisco, EE.UU.). Os participantes terán a oportunidade de tomar parte en eventos con investidores e potenciais socios comerciais, así como de coñecer empresas líderes mundiais. As compañías participantes poderán dar a coñecer todo o potencial da tecnoloxía española e dos nosos emprendedores ante investidores e partners do mercado americano.
 

O Clag participa na definición dunha estratexia de innovación de Galicia para o período 2014-2020

A xerente do Clúster Audiovisual Galego (Clag), Mar Varela, participou este martes, 21 de maio, en Santiago, no segundo foro RIS3: unha visión estratéxica compartida, no que se expuxeron os resultados dos diferentes grupos de traballo que están a colaborar na definición da estratexia de innovación de Galicia para o próximo período 2014-2020.

A película "Enrrugas" estréase hoxe en Italia

A película  "Enrrugas", dirixida por Ignacio Ferreras e baseada no cómic homónimo creado polo debuxante valenciano Paco Roca, continúa a súa conquista das salas internacionais coa estrea hoxe, 23 de maio, en Italia. É unha produción do noso socio Perro Verde Films.
 

Convocadas as axudas para a participación de películas españolas en festivais durante 2013

O BOE do martes, 21 de maio, publica a resolución de 13 de maio de 2013, do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais, ICAA, pola que se convoca a concesión de axudas para a participación de películas españolas durante o ano 2013 nos festivais e nas cerimonias de entrega de premios cinematográficos de recoñecido prestixio.
 

Hoxe arrinca o Festival de Cans, que celebra o seu décimo aniversario

Hoxe arrinca a décima edición do Festival de Cans. Durante catro días esta parroquia do Porriño será o escenario de máis dun cento de proxeccións audiovisuais e dunha vintena de actuacións musicais. Coma sempre, os veciños serán os protagonistas deste certame cunha implicación activa ou pasiva sobresaínte.
 

Os servizos audiovisuais de vídeo baixo demanda seguen a medrar en Europa

En Europa hai nestes momentos máis de 3.000 servizos adicados ao video baixo demanda e o seu número non para de medrar case mes a mes. Os datos do Observatorio Europeo Audiovisual cifran o número total de servizos de vídeo baixo demanda en 3.097 aínda que é probable que haxa que revisar en poucas semanas esta cifra. O Observatorio identificou 2.733 servizos deste tipo que operan na Unión Europea, dos cales 447 eran servizos VOD adicados unicamente ao cine.

A cuarta edición de (S8) Mostra de Cinema Periférico ocupará o centro da Coruña a comezos de xuño

A cuarta edición de (S8) Mostra de Cinema Periférico terá lugar do 5 ao 8 de xuño na Coruña. Esta nova edición chega cargada de novidades. Coa etiqueta de “Edición Especial Arxentina”, a Mostra ocupará o centro da cidade herculina. O programa repártese entre diferentes espazos da zona de Os Cantóns, sendo a sede principal o edificio da Fundación Novacaixagalicia.

Páxinas