Nota legal

Información da compañía
O Clúster Audiovisual Galego é una asociación inscrita no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, con C.I.F G-15891260, domiciliada en Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n Edificio FEUGA 15705 – Santiago de Compostela.
O teléfono de atención ao público é o 981 941 792 e o buzón de correo electrónico xeral cluster@clag.es

O Clúster Audiovisual Galego é propietario do dominio da páxina web www.clag.es

Obxecto da web
A web do Clúster Audiovisual Galego ten como obxectivo favorecer a actividade empresarial dos membros do Clúster, as súas áreas de traballo, os proxectos que realizan e comunicar as novidades que se presentan dentro do sector audiovisual.

Política de confidencialidade e privacidade
Todos os dereitos reservados. Os textos, imaxes, sons, animacións, vídeo e resto de contidos incluídos neste website son propiedade do Clúster Audiovisual Galego. Calquera transmisión, distribución, reprodución, comunicación pública, posta a disposición, transformación, manipulación ou almacenamento, total ou parcial, require o previo e expreso consentimento por escrito do Clúster Audiovisual Galego, salvo cando se indique o contrario. Salvo autorización expresa por escrito, non se permite o establecemento de dispositivos técnicos de enlace que dende páxinas de terceiros dean acceso directo á páxina de Clúster do Audiovisual Galego.

Os logotipos do Clúster Audiovisual Galego, así como os seus nomes comerciais, as súas marcas, envases e demais elementos susceptibles de propiedade industrial están rexistrados por (son propiedade de) Clúster Audiovisual Galego.

Este website pode conter dispositivos técnicos de enlace(s) a páxinas externas sobre as cales o Clúster Audiovisual Galego , non se responsabiliza en ningún caso respecto dos contidos ou de calquera outro aspecto relacionado con ditas páxinas ou o seu acceso.

O Clúster Audiovisual Galego non pode garantir a ausencia de virus informáticos ou de calquera outro compoñente ou condición prexudicial na nosa páxina web ou nos servidores que a fan dispoñibles. O Clúster Audiovisual Galego, exclúe, con toda a extensión permitida polo ordenamento xurídico español, calquera responsabilidade polos danos e prexuizos que acompañen ao ou se deriven do uso destas páxinas web.

O Clúster Audiovisual Galego pode modificar sen previo aviso as características, especificacións e fotografías dos seus produtos, así como calquera outra información aquí recollida, e non está suxeita a ningunha garantía de ningún tipo.

Toda a información e datos descritos no sitio foron extraídos de fontes fidedignas e se refiren unicamente ao ámbito xeográfico do Estado español. O Clúster Audiovisual Galego pode modificar sen previo aviso calquera información aquí recollida e esta non está suxeita a ningunha garantía de ningún tipo. O Clúster Audiovisual Galego non é responsable de calquera dano directo ou indirecto que poda ocasionar a exactitude, veracidade ou exhaustividade de dita información, ou o uso que dela poda facerse.

En ningún caso se entenderá que, polo acceso a esta web site, o usuario obtén licenza ou autorización para a utilización, máis alá do uso estrictamente privado, de ningún contido, información ou servizo existentes na web site ou sobre ningún dereito relacionado con eles, especialmente os de propiedade intelectual e industrial.

O presente aviso legal réxese en todos e cada un dos seus extremos polas leis españolas.

O Clúster Audiovisual Galego resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida na súa web, da configuración e presentación deste e das condicións de acceso.

O Clúster Audiovisual Galego resérvase a facultade de almacenar os enderezos IP dos usuarios que acceden ao sitio web para a creación de estatísticas de acceso, coñecer os movementos dos usuarios e acumular información demográfica ampla en conxunto. Esta información é almacenada o tempo máximo que esixe a lei.

Comparte: