Filmax estreará "París puede esperar", de Eleanor Coppola, o 16 de xuño

Filmax estreará en cines "París puede esperar", o debut na dirección e o guión de Eleanor Coppola, o vindeiro 16 de xuño. Protagonizada por Diane Lane, Alec Baldwin, Arnaud Viard e Cédric Monnet, esta íntima road movie presentouse no Festival de Toronto.
 
Sinopse
 
A vida de Anne (Diane Lane) encóntrase nunha encrucillada. Casada desde hai moitos anos co exitoso produtor de Hollywood (Alec Baldwin), adicto ao traballo, emprende unha inesperada viaxe pola campiña francesa co encantador socio do seu marido (Arnoud Viard). O que debeu ter sido un traxecto de sete horas, convértese nunha viaxe de descubrimento chea de vistas pintorescas, deliciosos pratos e viños, humor, intelixencia e moito máis.

Comparte: