Filmax retransmite en directo en cines a ópera "La Urraca Ladrona" desde o Teatro Alla Scala de Milán

Filmax distribuirá nos cines españois o martes 18 de abril, ás 20:00 horas, a retransmisión en directo desde o Teatro Alla Scala de Milán, a ópera “La Gazza Ladra” ("La Urraca Ladrona") de Gioachino Rossini. Melodrama en 2 actos con libreto de Giovanni Gherardini (edición crítica da Fondazione Rossini de Pésaro en colaboración con Casa Ricordi de Milán, a cargo de A. Zedda) con dirección musical de Riccardo Chailly, nunha nova produción do Teatro Alla Scala de Milán en conmemoración do 200 aniversario da primeira representación desta ópera en 1817 na Scala.

"La Gazza Ladra" ("La Urraca Ladrona") é unha ópera italiana en dous actos de Gioacchino Rossini escrita en 1817. Composta despois de “La Cenerentola”, “La Urraca Ladrona” gozou dun enorme éxito desde a súa creación e segue sendo coñecida hoxe en día, sobre todo pola súa famosa obertura. Esta obra é a primeira dunha longa serie de óperas semi-serias rossinianas. "La Gazza Ladra" foi estreada no  Teatro Alla Scala de Milán o 31 de maio de 1817.

O único fragmento verdadeiramente popular desta obra é a súa obertura. Os diferentes motivos musicais desta obertura -unha das máis brilantes e espléndidas de Rossini- foron empregados en numerosas ocasións tanto en anuncios publicitarios como en películas: “A Laranxa Mecánica” de Stanley Kubrik, ou “Érase unha Vez No Oeste” de Sergio Leone. Esta ópera, non só é homenaxeada nunha das historias de Tintin, “As Xoias da Castafiore”, senón que constitúe unha das claves do seu argumento.
 
Sinopse
 
Ninetta é unha sirventa cuxo pai, Fernando, desertou do exército e ao que Ninetta quere protexer ocultándoo. O amo de Ninetta, Fabrizio, ten un fillo, Gianetto, que tamén é soldado e que vai casar con Ninetta. A alegría convértese en traxedia cando se descobre que unha culler de prata foi roubada da casa e Ninetta é acusada do roubo.
 
Esta produción de todo un clásico poderá verse en salas de cine do territorio español, cunha retransmisión en directo desde o Teatro Alla Scala de Milán. (Consultar listaxe: http://filmax.com/opera/la-gazza-ladra.21/cines#main).

 

Comparte: