O Clúster Audiovisual e RISKMEDIA asinan un acordo de colaboración con condicións vantaxosas para os socios

Os socios do Clúster Audiovisual gozarán dunhas condicións vantaxosas nos produtos e servizos aseguradores que contraten con RISKMEDIA Group en virtude do acordo marco de colaboración establecido entre o Clúster e esta correduría de seguros e reaseguros internacional especializada, entre outros, en seguros audiovisuais á industria española.
 
Con máis de 20 anos de experiencia no sector audiovisual, RISKMEDIA é líder en España en toda a cadea de produción, e integrante do líder europeo no sector: Media Insurance. Ofrecendo solucións globais ás necesidades aseguradoras de empresas de cinematografía, animación, televisión, radio, broadcasting, publicidade, contidos na rede, aluguer de equipos, organizadores de espectáculos e eventos, e prensa e axencias de noticias.    
     
Desta maneira, o Clúster Audiovisual segue negociando e obtendo condicións beneficiosas para os seus asociados con provedores de diversos sectores que son de interese para as diferentes liñas de negocio das súas empresas. Así, o acordo acadado con RISKMEDIA súmase a outras colaboracións establecidas recentemente como a da compañía especialista en drones Aeromedia ou a da cadea hoteleira internacional EUROSTARS Hotels, entre outras.

Comparte: