Presentación e lanzamento do Plan DICO MINDSET, liderado por Amtega e os Clústers Audiovisual e TIC

O día 2 de maio terá lugar, na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago, a Xornada DICO in motion co obxectivo de presentar e poñer en marcha o DICO Mindset, o plan de acción para impulsar durante o 2018-2020 os contidos dixitais en Galicia, liderado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), o Clúster Audiovisual Galego e o Clúster TIC Galicia.
 
Este plan xurde do proxecto Viraxe TIC, que se elaborou coa colaboración destas tres entidades, e co que foi posible realizar unha análise profunda para identificar as oportunidades de negocio no ámbito dos contidos dixitais en Galicia. Este programa permitiu tamén  poñer en marcha servizos de asesoramento e celebrar foros de networking para promover e reforzar alianzas entre  entidades locais e expertos de recoñecido prestixio a nivel internacional.
 
Xornada DICO in motion
 
Inaugurarán a xornada Mar Pereira, directora de Amtega, Jorge Algora, presidente do Clúster Audiovisual Galego, e Antonio Rodríguez, presidente do Clúster TIC Galicia,  quenes amosarán as principais características e expectativas do Plan DICO Mindset, dotado cun orzamento de máis de 13 millóns de euros, e que está orientado a reforzar o capital humano, desenvolver proxectos innovadores e fomentar a competitividade dixital dun sector con 900 empresas e máis de 5.000 empregados en Galicia.  

O evento contará coa asistencia do director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, e o director de Innovación e Negocio da CRTVG, José Pereira. Na súa intervención amosará as últimas tendencias interactivas incorporadas na televisión pública que seguen as novas tendencias nos hábitos de consumo de contidos dixitais: segundas pantallas de realidade aumentada para dispositivos móviles, canles multimedia adaptadas ó comportamento do usuario e canles temáticas interactivas de contidos educativos.  

  • Cando?

2 de maio de 2018, de 9:30 h. a 12:00 h.
 

  • Onde?

Sala Eisenman, na Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.  

  • A quen vai dirixido?

Traballadores, persoas que ocupan postos de responsabilidade, emprendedores e autónomos do sector de contidos dixitais de Galicia. Xerentes, responsables ou persoal técnico das áreas de comunicación ou marketing das empresas de calquera sector. En xeral, calquera persoa interesada no ámbito dos contidos dixitais.  

  • Quen organiza?

  Amtega, Clúster TIC Galicia e Clúster Audiovisual Galego  
 

  • Como inscribirse?

Rexistro a través de https://cdtic.xunta.gal/dico-mindset
 

Comparte:

Descargas relacionadas