Produtores do audiovisual buscan acordos comerciais no pitching “I+P ideas para producir”

I+P 2017
I+P 2017
I+P 2017
I+P 2017
I+P 2017
I+P 2017
I+P 2017
I+P 2017
I+P 2017
I+P 2017

Máis dun cento de profesionais do audiovisual de toda España participaron, os días 22 e 23 de novembro en Santiago, na 11ª edición do pitching “I+P Ideas para producir”, organizada polo Clúster Audiovisual Galego, na busca de financiamento ou distribución para os seus proxectos. O I+P conecta proxectos de cine e ficción en distintas fases de desenvolvemento con canles de televisión, produtoras e distribuidoras de primeiro nivel e ten como obxectivo favorecer acordos comerciais para a produción ou venda de novos proxectos.
 
A apertura da undécima edición deste evento correu a cargo do presidente do Clúster Audiovisual Galego, Jorge Algora, e do director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, quen salientou a consolidación conseguida polo I+P ao longo destes últimos anos e o seu poder de convocatoria. Nas súas palabras, a colaboración co Clúster Audiovisual é indispensable á hora de impulsar a competitividade e a internacionalización do cine e da televisión feitos en Galicia. Neste sentido, citou diversas accións nas que se pon de manifesto esta colaboración como o propio pitching “I+P Ideas para producir”, o Conecta Fiction, as misión comerciais internacionais ou acción formativas do audiovisual, entre outras.
 
Pola súa parte, Jorge Algora lembroulles ás canles de televesión presentes no evento a importancia do seu papel como elementos tractores da industria audiovisual e destacou a misión do pitching I+P como nexo entre os creadores e produtoras e estas estas canles.
 
Os responsables dos proxectos contaron con 10 minutos para atraer o interese de case unha trintena de executivos do audiovisual que están a participar desde onte no “I+P Ideas para producir”. Entre eles están directivos das principais canles e grupos de televisión nacionais como TVE, Mediaset, Atresmedia, #0 de Movistar+, Euskaltel e as autonómicas CRTVG, TV3, Aragón TV, RTPA e TV Castilla y León. Tamén asisten a este encontro responsables de distribuidoras de primeiro nivel como Filmax, A Contracorriente Films ou DeAPlaneta, e de produtoras de renome como La Competencia, Boomerang TV, Ánima Kitchent, Cliffhanger TV ou Portocabo.
 
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, foi o encargado de clausurar a sesión de pitching. Durante a súa intervención, subliñou que iniciativas coma o I+P demostran que “son o talento e as ideas as que crean novas oportunidades, marcando o feito diferencial”. Ademais, Anxo Lorenzo reiterou o apoio da Administración galega, a través da Agadic, ao sector audiovisual e fixo unha mención especial á CRTVG como un ente estratéxico no desenvolvemento da industria en Galia.
 
Unha oportunidade para establecer acordos comerciais
 
O I+P proseguíu pola tarde coa celebración duns 200 encontros bilaterais onde proxectos e empresas poideron compartir os detalles dos traballos presentados pola mañá e iniciar contactos. Entre os 15 proxectos expostos, que resultaron elixidos entre un total de 103 traballos rexistrados nesta edición de 2017, encóntrase longametraxes de ficción, documentais, series e outros formatos para televisión.
 
Nesta edición o “I+P, Ideas para Producir” contou co apoio do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte; da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), e do Concello de Santiago de Compostela. E coa colaboración da Santiago de Compostela Film Commission, a plataforma Filmarket Hub, a compañía Music Library & SFX, o festival Mundos Digitales, o Máster en Produción Xornalística e Audiovisual, as asociacións CREA e AGAG, Abanca Obra Social, e Galicia Calidade.
 
A narrativa transmedia protagoniza un foro no marco do I+P
 
A undécima edición do “I+P Ideas para producir” arrancaba onte en Compostela cun foro sobre “A nova narrativa das series transmedia”, inaugurado por Jorge Algora e Marta Lois, concelleira de Igualdade, Promoción Económica e Turismo de Santiago. Durante a sesión, moderada polo director do festival Mundos Digitales, Manuel Meijide, os panelistas abordaron desde diferentes perspectivas a evolución experimentada nos últimos anos polo transmedia como estratexia ata chegar a converterse nun universo propio.
 
Un panel de expertos constituído polo guionista e produtor Javier Olivares, creador, entre outras, das series de éxito “El Ministerio del Tiempo” (TVE 1) e  “Si fueras tú” (RTVE); Roberto Pérez, CTO e fundador de Future Lighthouse, estudio madrileño encargado de desenvolver o proxecto de realidade virtual de “El Ministerio del Tiempo”; e Julio Casal, CEO de Ficción Producciones, compañía galega responsable de títulos como “Tutú”, “Hospital Real”, “O Códice”, “Augasquentes” ou “Meñique”.

Comparte: