Que é?

Clag Recurso 01
Clag Recurso 02
Clag Recurso 03

O Clúster Audiovisual Galego (CLAG) é unha asociación empresarial sen ánimo de lucro declarada Agrupación de Empresas Innovadoras (AEI) con nivel de excelencia polo Ministerio de Industria y Turismo. O Clúster Audiovisual Galego está integrado por preto de 40 compañías que conforman o sector audiovisual en Galicia e que participan en todos os procesos da cadea de valor da produción audiovisual. Os nosos socios están decididos a aumentar o seu volume de negocio a través de sinerxías para desenvolver proxectos empresariais que convertan a Galicia nun referente da industria audiovisual. Toda a súa actividade baséase na colaboración entre os axentes do sector para xerar valor engadido. Obxectivos:

  • Fomentar o I+D+i.
  • Aumentar o nivel de internacionalización das empresas.
  • Xerar e propiciar sinerxías empresariais entre as nosas compañías.
  • Potenciar a competitividade dos nosos produtos.
  • Mellorar as vías de financiamento.
  • Investir en capital humano.
Comparte: