Avanzar cara un sector audiovisual emprendedor, dinámico e proactivo é outro dos grandes obxectivos do CLAG, que ten marcado unha das liñas de xestión máis claramente definidas desde os seus inicios. As actuacións desenvoltas polo Clúster Audiovisual Galego ao longo do ano a prol da dinamización sectorial implican, por unha banda, a consolidación de iniciativas xa creadas, e por outra, a organización de eventos novos para completar un programa diverso. Todo isto coa finalidade de propiciar foros creativos que estimulen o intercambio de coñecementos e ideas, as alianzas empresariais para a produción de novos formatos e a difusión ao gran público da contribución do audiovisual ao sector.