Formación

O CLAG brinda de maneira sistematizada unha oferta formativa á que son moi receptivos os profesionais do sector. O CLAG pretende abordar esta oferta dende dúas perspectivas: a empresarial e a tecnolóxica. Así as cousas, os programas de formación anual estrutúranse en dous plans independentes e complementarios: Plan Empresa e Plan Tecnolóxico.

O Plan Empresa pretende proporcionar aos profesionais do sector audiovisual ferramentas de xestión na área financeira, legal, de comercialización e de marketing. O Plan Tecnolóxico ten como obxectivo formar aos técnicos do sector audiovisual nas tecnoloxías audiovisuais de última xeración.

As accións formativas desenvoltas polo Clúster Audiovisual Galego gozan dunha excelente acollida entre os profesionais do sector en Galicia.

Comparte: