Internacionalización

Unhas das liñas estratéxicas do Clúster Audiovisual Galego é a relacionada coa promoción e a internacionalización do sector, promovida para favorecer a presenza das empresas nos principais foros e mercados, tanto tecnolóxicos como de contidos.

A oportunidade que lles brinda o CLAG ás empresas de asistir a mercados en todo o mundo baixo esta alianza corporativa, facilita as súas posibilidades para acceder en mellores condicións a novos e maiores negocios en termos de vendas, cooperación en proxectos e produtos, expansión, distribución, etc.

Para facer máis eficaz a presenza da industria audiovisual de Galicia nos mercados de todo o mundo, o CLAG avanzou na construción e promoción da marca “Galicia Audiovisual”. Esta marca é un signo de identificación e singularización do produto audiovisual galego, como un recurso de primeira orde para a competitividade e a promoción internacional, para abrir novos mercados e consolidar a imaxe de Galicia como país de talento creativo e de vangarda tecnolóxica.

Na axenda internacional do CLAG figuran os mellores foros tanto nacionais como internacionais.

Comparte: