Presentación

Presentación recurso 01
Presentación recurso 02
Presentación recurso 03

O Clúster Audiovisual Galego ofrece as súas empresas unha oferta de servizos horizontais, de forma que estas reciben unha asistencia corporativa e mancomunada en materias claves para o sector.

Entre os diferentes servizos que o Clúster Audiovisual Galego oferta ás súas empresas asociadas destacan:

  • Servizo de asesoramento de I+D+i co obxectivo de prestar asistencia técnica aos socios para a identificación e posta en marcha de proxectos susceptibles de ser financiados por programas nacionais e internacionais.
  • Servizo de captación de financiamento: servizo de apoio á captación de financiamento privado de proxectos innovadores.
  • Servizo de consultaría e asesoramento xurídico, que estrutura o seu labor de asesoría en dous eixos prioritarios: a propiedade intelectual e a contratación audiovisual, para todos os perfís que require a profesión.
  • Servizo de informes, estudos de audiencia e tendencias de mercado, que brinda ás empresas un valioso caudal de información que as orienta á hora de adoptar as súas estratexias empresariais.
  • Central de compras: ten como obxectivo a compra agrupada de servizos ou produtos como telefonía, enerxía, etcétera, o que permite unha mellora nas condicións de contratación e tarifa.
Comparte: