O Clúster Audiovisual Galego pon á disposición dos seus asociados un Servizo de asesoramento de I+D+i co obxectivo de prestar a asistencia técnica, a través do equipo de consultores, que permita identificar e poñer en marcha os proxectos susceptibles de ser financiados por programas nacionais e internacionais.
O Servizo de Xestión do I+D del CLAG é un gabinete de asesoramento e titoría especializado á disposición dos asociados con ideas ou proxectos de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación, aos que lles ofrece un soporte técnico áxil e personalizado para conseguir un deseño acorde coas alternativas de financiamento público.
Este Servizo pretende ser un referente para as empresas do CLAG que desexen aportar diferenciación e valor engadido á súa oferta actual, explorar oportunidades de negocio innovadoras ou modernizar os seus procesos en base á asimilación de novas tecnoloxías ou métodos, co consecuente incremento do beneficio empresarial.
Así o CLAG pon á disposición dos seus asociados na medida que o desexen:
O servizo ofrecido polo CLAG caracterízase por: