Servizo de captación de financiamento

Servicio recurso 04
Servicio recurso 05
Servizo recurso 06

O Clúster Audiovisual Galego vén de poñer á disposición dos seus asociados un Servizo de apoio á captación de financiamento privado de proxectos innovadores, cos seguintes obxectivos:

  • Promover, impulsar e apoiar o lanzamento e consolidación de iniciativas empresariais no contorno do CLAG, sendo o acceso ao financiamento de investidores privados un elemento clave.
  • Mellorar o coñecemento que sobre o modo de traballar de Business Angels, Venture Capital e outros investidores privados, teñen as empresas asociadas ao CLAG.

Este novo servizo do CLAG pretende dar apoio ao empresario na redacción de dous documentos estratéxicos na busca de financiamento privado do proxecto: Resumo Executivo e Plan de Negocio.

Poderán acceder ao servizo aquelas empresas do CLAG:

  • De recente creación ou en fase de lanzamento.
  • Con proxectos que poden dar lugar a novas liñas de negocio.
  • Con promotores dispostos a compartir o proxecto.
  • Comprometidos co desenvolvemento do proxecto dentro do servizo do CLAG.

Para acceder a este servizo, os socios do CLAG deberán descargar o formulario que achegamos e remitilo cuberto ao enderezo electrónico: imasde@clag.es.

Comparte:

Descargas relacionadas