Tarifas de publicidade

Tarifas de publicidade
Tarifas de publicidade

A Web do Clúster Audiovisual Galego é un medio consolidado e un eficaz soporte publicitario para a promoción de empresas, asociacións, eventos ou outras actividades que busquen a maior notoriedade nun medio corporativo especializado. O portal do CLAG inclúe entre os seus contidos un Boletín Informativo Mensual, que se distribúe a miles de profesionais, o que garante unha notable visibilidade ante un público moi selectivo, configurado principalmente por profesionais que valoran o carácter integral da información que se facilita, así como a interacción e colaboración que ofrece o portal entre os diferentes actores que participan no sector e entre un variado perfil de usuarios que a diario navegan por el.

Os usuarios do portal son maioritariamente empresas e profesionais do sector de Galicia e de toda España , ademais o portal tamén ten moita visibilidade en centros tecnolóxicos e universitarios, asegurando así un público obxectivo especializado, procedente de todos os chanzos da cadea de valor do sector.

Os contidos son dinámicos, permanentemente actualizados e ampliados con Informes de máxima actualidade, coa finalidade de renovar a información de xeito que o visitante sempre atope novidades do seu interese. Amais, o portal ofrece información sobre as empresas asociadas ao CLAG, agrupadas en función da súa actividade: produtoras, servizos, formación e entidades.

Unha dinámica e actualizada sección de Noticias, amais do Boletín Informativo Mensual, configuran as zonas máis dinámicas do portal, xunto á Listaxe de Eventos, que permite facer unha consulta rápida dos eventos próximos, ordenados cronoloxicamente: concursos, festivais, feiras sectoriais, etc.

Para darlle un maior valor engadido, inclúe un completo Catálogo dos servizos ofertados polos socios do CLAG, que reflicte o enorme potencial de Galicia como un polo de innovación e atracción para a produción audiovisual. Tamén ofrece un Directorio de entidades/ligazóns de interese, cunha ampla listaxe de empresas e contactos profesionais.

Tarifas publicitarias

banner (150 x 150 px)
1 mes: 36 €
3 meses: 72 €
6 meses: 144 €

*IVE non incluído

Para reforzar a comunicación das empresas contratantes de publicidade, o CLAG ofrece cobertura informativa no seu portal das noticias xeradas por estas. Se está vostede interesado en insertar a súa publicidade, pode poñerse en contacto con nós, enviando un correo electrónico a: cluster@clag.es

Comparte: