Poderá asociarse ao Clúster Audiovisual Galego:
Condicións de adhesión:
"Cota Emprendedor"
A “Cota Emprendedor” permítelles ás empresas de nova creación asociarse ao Clúster nunhas condicións económicas vantaxosas durante os dous primeiros anos de pertenza ao CLAG. Consulta os requisitos para acollerse a esta nova modalidade de socio e poder formar parte do CLAG no documento achegado.
As empresas interesadas en adherirse ao CLAG poden enviar un correo electrónico a cluster@clag.es solicitando información detallada.